Acender
← Volver ao inicio

Política de privacidade

Última actualización: setembro de 2026

En Acender Dixital respectamos a túa privacidade e cumprimos co Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD).

1. Responsable

Responsable: Adrián Castro Pardiñas (Acender Dixital)

Correo: acenderdixital@gmail.com

Localidade: A Coruña, Galicia

2. Que datos e para que

Este sitio non ten formularios que recollan datos de forma automática. O contacto realízase a través de WhatsApp ou correo electrónico. Cando nos escribes, tratamos os datos que ti nos facilitas (nome, teléfono, correo e a información sobre o teu negocio) coa única finalidade de:

3. Asistente automático da web

A web ten un asistente conversacional. O texto que escribes nel envíase a un provedor de intelixencia artificial (Anthropic) unicamente para xerar a resposta que ves na pantalla. Non gardamos as conversas nin as asociamos a ningunha persoa. Recoméndase non escribir nel datos persoais nin información sensible: se queres contarnos algo do teu negocio, mellor por WhatsApp ou correo.

4. Base lexitimadora

A base legal para o tratamento é o teu consentimento ao contactar connosco e, no seu caso, a execución dun contrato ou a aplicación de medidas precontractuais a petición túa.

5. Conservación

Conservamos os teus datos durante o tempo necesario para atender a túa solicitude e, se hai relación comercial, durante os prazos legais aplicables. Cando xa non sexan necesarios, elimínanse de forma segura.

6. Terceiros

Non cedemos os teus datos a terceiros, agás obriga legal. Ten en conta que a comunicación por WhatsApp e Instagram réxese ademais polas políticas de privacidade das propias plataformas (Meta Platforms).

7. Os teus dereitos

Podes exercer en calquera momento os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a acenderdixital@gmail.com. Tamén tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

8. Cookies

Este sitio non utiliza cookies propias de seguimento nin de análise. Únicamente poden cargarse recursos de terceiros (tipografías web) necesarios para a visualización correcta da páxina.